ARA MALIKIAN WORLD TOUR

DATOS BÁSICOS

Cando vin ao meu fillo camiñar por primeira vez despois de meses de caídas, de intentos errados, de golpes e volta a probar, entendín que un día todos fomos esa forza que o tempo fai que esquezamos.

Os nenos son os seres máis auténticos que podes atopar, son salvaxes, son a tenrura na súa esencia e están cheos dunha verdade insultante, non teñen medo a trabucarse, son libres e expresivos e todo o que fan está repleto de arte

Se miras a un neno entendes case todo o que fuches e hai un tempo que non te permites ser.

Esta xira é o resultado de ver crecer ao meu fillo, é o resultado do meu crecemento ao seu lado, é todos eses sons e melodías que tentan darlle forma ao que sentín e inspiroume del e da vida a través del.  É un encontro co neno que non puiden ser e soñara ser. É unha homenaxe a eses seres que son tan libres como un paxaro libre.

Esta xira está chea de dinosauros, luras robóticas, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües. Este disco é iso que eu esquecera e que é tan poderoso: a maxia de atopar cada día sendas fascinantes, traian o que traian.

PREZOS

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO

NON SUXEITO A DESCONTOS