APAGA O CANDIL

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

APAGA O CANDIL - COMEDIA - GALEGO

75 minutos lembrando a figura de Carlos O Xetal. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como fonte expresiva na que ten de beber a lingua viva e con arelas de futuro.

Noite de luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’O Xestal.

Á luz dun candil, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido. É a morte.

O personaxe d’O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica e amena tirapuxa na que se mesturan os episodios máis significativos da sufrida vida d’O Xestal con algúns dos seus contos máis divertidos.

PREZOS

2025-10-25 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor: Cándido Pazó

Elenco: Avelino González, Toni Salgado

Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”

Vestiario: De cotío

Cartaz: Juan Gende

Técnica e Iluminación: Afonso Castro e Miguel Cabaleiro

Música: Xurxo Souto e Richi Casás

Técnico de grabación: Tomás Ageitos

Dirección de produción: Belén Pichel

Dirección de escena: Cándido Pazó