O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Presentación
Novas
As salas
Perfil anterior a xaneiro de 2019
Perfil posterior a xaneiro de 2019
ANATOMIA DUNHA SEREA - TEATRO
GRUPO CHÉVERE
Unha muller, que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.
ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019.
A VENDA DE ENTRADAS A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO.
actriz protagonista iria pinheiro dramaturxia, dirección xron escrita maría lado, iria pinheiro escenografía, atrezzo, iluminación suso jalda espazo sonoro iria pinheiro, xacobe martínez antelo fotografía/gráfica paula pez comunicación xana garcía xefa de produción e asistencia de dirección patricia de lorenzo