ANA, TAMBIÉN A NOSOTROS NOS LLEVARÁ EL OLVIDO. DRAMA
Ana é unha ama de casa convencional da España dos anos 60 casada con Lope, que acaba de conseguir un posto no Ministerio. Os días de Ana transcorren entre as tarefas do fogar, a atención ao seu marido e as visitas á barbería de Satur, conselleira e amiga. A vida de Ana dará un xiro o día que coñece a Vivian, fotógrafa francesa de espírito libre, que lle fará ver que a súa vida non é, nin de lonxe, o que ela no fondo ansía.
*Prezos:
-Abonad@s: 6.65€
-Público xeral: 9.50€
-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de Estudante (ata 24 anos), menores de 14 anos
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do 28 de decembro.
+info 981 102 897
Autora Irma Correa Dirección Mario Vega Adaptación Irma Correa Escenografía Mario Vega Deseño son Ibán Negrín Deseño iluminación Ibán Negrín Vestiario Nauzet Afonso Música Germán Arias, Jonatan Rodríguez
Elenco artístico
Marta Viera Ruth Sánchez Rubén Darío María de Vigo