INFANTIL - ESPECTÁCULO MUSICAL
SINOPSE:
Estambre e Bastille: el un cesteiro, ela unha exploradora, están no medio da nada. Unha árbore, un camiño, os seus cestos, a súa memoria, os seus pensamentos e emocións é o único que os rodea e os acompaña nunha viaxe na que non se moven fisicamente, pero que lles fará atopar a quen entregarlle o seu tesouro. Ao calor do cancioneiro é un espectáculo no que dous personaxes buscan quen lle entregue un tesouro composto polo noso cancioneiro tradicional.
Esta metáfora da procura do tesouro serve de escusa para facernos preguntas sobre a tradición, sobre o aprendido, sobre o pasado: aceptar, esquecer, valorar? Pero tanto a anécdota do espectáculo, como a lectura máis profunda do mesmo, serven para poñer en valor o noso cancioneiro, que consideramos un tesouro pola súa calidade e diversidade.
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Marta Torres
DIRECCIÓN MUSICAL: Santi Martínez
COREOGRAFÍA: Cecilia Jiménez
ESCENOGRAFÍA: Hnos. de la Costa
ILUMINACIÓN: Joseba García
VESTIARIO: Ana Llena
ELENCO:
Cristina Almazán
Santi Martínez