ADICTOS

DATOS BÁSICOS

Adictos somos todos….

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama nos expón o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de "seres humanos"?

Estas cuestións, que raramente hoxe se ven expostas encima dun escenario, deben confrontarse co público contemporáneo. A realidade de ADICTOS é a da expansión progresiva da desinformación.

Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquietudes que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, ata o de agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras que estean distorsionando as nosas vidas.

Os autores reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara a unha meta mellor, cara ao horizonte no que todos podamos gozar dunha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.

 

REPARTO

Lola Herrera

Lola Baldrich

Ana Labordeta

EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO

Autor: Daniel Dicenta Herrera y Juanma Gómez

Dirección: Magüi Mira

Axudante de dirección: Jorge Muñoz

Escenografía: Curt Allen Wilmer y Leticia Gañán - Estudiodedos (AAPEE)

Iluminación: José Manuel Guerra

Vestiario: Pablo Menor

Productor: Jesús Cimarro

PREZOS

2023-02-24 - 20:30:

  • ABONADOS: 12,60 €
  • PÚBLICO XERAL: 18,00 €
  • DESEMPREGADOS, CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS ): 12,60 €

VENDA LIBRE A PARTIR DO 23 DE DECEMBRO