ÚLTIMO VERÁN EN STA. CRISTINA

DATOS BÁSICOS

ÚLTIMO VERÁN EN STA CRISTINA - Estrea

Último verán en Santa Cristina, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que , no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despóis, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época; os desfiles na praza da cidade que coinciden coa esancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde él veranea. Entre os seus porpios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas , vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai , o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán enn traxedia.

 

PREZOS

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO DE 2021

*A TARIFA REDUCIDA SE APLICARÁ UNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN (DESEMPREGADOS OU ESTUDANTES ATA OS 25 ANOS)