O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Escola de Música é unha escola de formación musical vinculada á Xove Banda de Narón. Nela admítense a tódolos interesados e interesadas pola música, independientemente da idade e dos seus coñecementos musicais: pequenos, maiores, alumnos de conservatorio… Cando os profesores e directores o consideran oportuno os alumnos da escola incorporaranse á banda, ben sexa á Banda Infantil ou ben á Xove Banda de Narón.
A nosa oferta educativa ten un primeiro nivel dividido en dos cursos para os máis pequenos:
Música e movimiento, para nenos e nenas de 5 anos
Iniciación á linguaxe musical, para nenos e nenas de 6 anos
Procúrase un primeiro contacto pracenteiro coa música, ó tempo que se vai familiarizando ós alumnos cos conceptos básicos e esenciais da técnica musical.
Para nenos de 7 anos ou máis danse clases de linguaxe musical, dende 1º ata 6º. Tamén se fai un grupo de clases de linguaxe musical para adultos.
Ofértanse clases individuais e personalizadas de oboe, frauta, clarinete, requinto, saxofón, trompeta, fliscorno, trompa, trombón, tuba, percusión, voilonchelo e contrabaixo.
A asociación dispón de instrumentos de vento para que se inicien os nenos e nenas e o seu préstamo é GRATUITO.
http://www.acmsementeiranaron.com