Novas

el_funeral_70x100_baja.jpg
29/08/2018
[comment_count]

A obra de teatro El Funeral , que se representará o vindeiro 22 de setembro ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, sufrirá un cambio no elenco según nos comunica a  compañía Pentación, encargada de traer a Narón esta comedia.

Dita compañía acaba de comunicar ao Padroado da Cultura que o actor Antonio Resines, que forma parte do elenco desta obra, non poderá actuar nesa data debido a unha lesión que o manterá lonxe dos escenarios, como mínimo, durante un período de seis meses.

Tras recibir esa comunicación informamos de que, no caso de consideralo oportuno, pode solicitar o reembolso da súa entrada ata o vindeiro 14 de setembro. Ese reembolso farase do mesmo xeito de pago en que se realizou a compra. Unha vez transcorrida esa data non se admitirán devolucións.

02/08/2018
[comment_count]

Informamos que a partir do vindeiro 18 de agosto, sae á venda do público en xeral a nova programación do Pazo da Cultura de Narón, dende ese mesmo día na páxina web do Padroado de Cultura , ou ben na billeteira do propio Pazo.

Lembrarvos que este mes de agosto estamos con horario de verán e abrimos de luns a venres de 9.00 a 14.00 h.

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición ,

981 102 897

 

 

36673896_2093646620892732_3128435460938924032_o.jpg
23/07/2018
[comment_count]

A XXª edición do Oenach Atlántico de Sedes chega cargado dunha moi variada programación

oenach face.jpg
16/07/2018
[comment_count]

XX Oenach Atlántico, festa celta de Interese Turístico de Galicia, celebra o seu 20 aniversario cunha programación especial de concertos e teatro e con múltiples actividades para os máis pequenos. 
A parroquia de Sedes recrea durante tres días a vida dun poboado celta con representacións tradicionais e acolle actuacións musicais como a de Cristian Silva ou María Fumaça. 
Podes animarte e vir caracterizado como un castrexo e tamén poderás probar hamburguesas e varios produtos de porco celta. Achégate a pasar unha fin de semana diferente e sumérxete en familia no mundo celta!

Luz Casal entradas esgotadas.png
05/07/2018
[comment_count]

ENTRADAS ESGOTADAS para o concierto de Luz Casal - "Que corra el aire", que terá lugar o sábado, 6 de outubro ás 20h., no Pazo da Cultura.

Grazas!

+info 981 102 897

 

Páxinas