BUSCANDO A SANTA COMPAÑA
Esta película recolle a procura contrarreloxo dos últimos testemuños dun fenómeno que aterrorizou a toda unha poboación durante séculos. Son os fráxiles bastións dunha cultura ancestral agonizante, invisibilizada nun mundo cada vez máis homoxéneo e globalizado. Fernando Cortizo, director de Ou Apóstolo (2012), primeira película española de animación en stop-motion 3D, investiga a misteriosa lenda galega da Santa Compaña a partir da estraña maldición que padeceu a súa primeira película.
Unha fascinante road movie documental que conta coa opinión de expertos en distintas áreas e con testemuñas reais que contan as súas experiencias en primeira persoa para desentrañar canto hai de certo e canto de mitológico nas temibles aparicións da Santa Compaña.