MONÓLOGO MUSICAL
En 1961 Marilyn Monroe foi internada por erro nun hospital psiquiátrico e, nas súas propias palabras, a súa estadía nese lugar foi unha das actuacións máis marabillosas da súa carreira.
Conta a lenda que intentou facer saber o erro utilizando as súas ferramentas actorais, pero non foi até tres días despois que se recoñeceu a falta.
Este suceso é quizais un dos feitos menos coñecidos da historia da actriz e nesta obra é ela mesma a que se sincera e narra coas súas propias palabras eses míticos e descoñecidos días de encerro.
Piano Blanco é unha pausa musical cunha das celebridades máis grandes da historia e un encontro próximo cunha muller que se busca a si mesma.
Idea e interpretación: Jimena González
Libro e dirección: Marcelo Caballero
Música e letra: Juan Pablo Schapira
Pianista: Fernando Herrera
Técnico de luz, imaxe e son: Samuel Silva