PRESENTACIÓN DO DISCO ` DIANTE UN ECO`

  • Música
  • Folk
DATOS BÁSICOS

SÉS presenta o seu último traballo: Diante un eco.

Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días. Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza. SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

SÉS é un auténtico fenómeno underground que basea o seu éxito na súa forza persoal e nun discurso valente, novidoso, contundente e directo que a convirte no altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer. Está considerada un dos principais referentes da escena musical galega, na que destaca polo seu carisma, a calidade das súas letras e o seu poderoso directo. A súa música viaxa entre ritmos americanos do norte e do sur, repensados en galego e en feminino. SÉS é licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, e medrou musicalmente no folclore tradicional galego. No seu estilo mestura, con dosis exactas, ingredientes que conseguen un resultado orixinal e xenuino: rock’n roll, tradición galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana, desde unha actitude punk e con letras elaboradas, honestas e viscerais, que cuestionan o establecido e chaman pola unión e a dignidade.

 

PREZOS

2023-02-03 - 20:30:

  • ABONADOS: 8,40 €
  • PÚBLICO XERAL: 12,00 €
  • DESEMPREGADOS, CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS ): 8,40 €

VENDA LIBRE A PARTIR DO 23 DE DECEMBRO