OCEANÍA
SINOPSE:
Oceanía é o testamento artístico e vital de Gerardo Vera. É o último proxecto que deu a luz antes de que o levase prematuramente o coronavirus e, sen dúbida, o máis emocionante dos miles de traballos realizados ao longo do seu medio século de carreira en pantallas e escenarios.
Oceanía é o recordo dunha vida apaixonante. É o retrato dun país e dunha época. É a mirada outonal dun home excepcional que un bo día sentiu a necesidade de pór negro sobre branco a historia da súa vida.
Centos de páxinas nas que plasmou sen pudor unha realidade peneirada polo veo do recordo: a súa infancia privilexiada, a dolorosa ruína da súa familia, o nacemento do seu eterno amor polo cinema, o descubrimento do amor, o racho do desamor, o compromiso político, o odio ao pai, a reconciliación a través da compaixón. E o xerme do teatro, a súa verdadeira paixón que lle acompañou ata os seus últimos días.
AUTORÍA: Gerardo Vera e José Luis Collado
DIRECCIÓN: José Luis Arellano
INTÉRPRETES: Carlos Hipólito
ADAPTACIÓN: José Luis Collado
ESCENOGRAFÍA: Alejandro Andújar
VESTUARIO: Alejandro Andújar
MÚSICA: Luis Delgado
ILUMINACIÓN: Juan Gómez Cornejo
SONIDO: Luis Delgado
ELENCO: Carlos Hipólito