ESPECTÁCULO MUSTIDISCIPLINAR
En 1887 Picasso, aínda adolescente, sucumbiu ao encanto de Rosita del Oro, amazona do Circo Tívoli de Barcelona, quen lle abriu as portas ao mundo máxico do circo, non só do espectáculo senón tamén do que sucedía entre bastidores, da vida cotiá de pallasos e saltimbanquis, cos seus incesantes adestramentos, as súas dificultades e alegrías.
Acróbata y Arlequín é unha obra escénico-musical inspirada no universo do circo de Pablo Picasso durante o período rosa (1904 - 1907) e a música das primeiras vangardas a través dos compositores Erik Satie e Francis Poulenc. O espectáculo está interpretado con canto lírico, piano en directo e escenificado con teatro de actores, títeres, sombras, obxectos e proxeccións.
Un actor narrador guía a escena para o entendemento da obra para un público familiar.