MOI ANIMAL - XOSÉ TOURIÑÁN

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

MOI ANIMAL - XOSÉ TOURIÑÁN

Somos animais. Aínda que ás veces nos empeñemos en disimulalo.

En MOI ANIMAL, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñemolles roupa... e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asesinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, MOI ANIMAL é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta... aínda que tampouco hau demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais... aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema no é que sexamos animais.

O problema é que Touriñán é MOI ANIMAL. 

PREZOS

2026-12-05 - 18:30:

  • Patio xeral: 22,00 €
  • Planta1: 20,00 €
  • Planta2: 18,00 €

2026-12-05 - 21:00:

  • Patio xeral: 22,00 €
  • Planta1: 20,00 €
  • Planta2: 18,00 €
FICHA ARTÍSTICA

XOSÉ TOURIÑÁN