Despois de perder todo, P. T. Barnum negase a aceptar a derrota e decide reinventarse cunha idea tan atrevida como revolucionaria: crear un espectáculo como nunca se vira antes.
Reunindo artistas únicos e extraordinarios (xente diferente, marginada e fascinante), desafiará as normas da súa época para dar vida a un espectáculo que cambiará para sempre a historia do entretemento.
En medio de soños, ambición e emoción, Barnum construirá un mundo onde o imposible se fai realidade e onde ser diferente é, de feito, o maior talento de todos.
Un musical vibrante, emocionante e cheo de enerxía, con voces en directo e unha coreografía espectacular, que celebra o nacemento do espectáculo e a valentía de atreverse a ser un mesmo.