THE CUBAN SWING EXPRESS

  • Música
DATOS BÁSICOS

THE CUBAN SWING EXPRESS - MÚSICA JAZZ

Considerado un dos pianistas cubanos máis influíntes da súa xeneración e gañador do Latin Grammy 2021 ao Mellor Álbum de Jazz Latino co disco “Voyager”, Ivan “Melon” Lewis é un habitual en varios dos festivais e salas de jazz máis importantes a nivel mundial: San Francisco Jazz, New York Blue Note Jazz club, Washington Kennedy Center, Montreaux Jazz Festival e Festival de Jazz de Barcelona entre moitos outros.

The Cuban Swing Express é o seu máis recente proxecto. Unha agrupación integrada por 10 dos mellores e máis talentosos músicos cubanos radicados en Europa, que fixo o seu debut no teatro L’Alhambra de París en decembro de 2014 e que apostan por un son tradicional e audaz á vez.

Composicións de Pérez Prado, Benny Moré, Ernesto Lecuona, Herbie Hancock, Michael Jackson, Rolling Stones ou o propio “Melon” poden ser escoitadas no seu repertorio. Vindo dunha familia cunha ampla tradición musical, Ivan “Melón” Lewis tivo durante a súa infancia un importante referente no seu pai, o mestre Ricardo González Duquesne quen fose director da recoñecida Orquestra de Música Moderna de Pinar del Río nos anos 60.

The Cuban Swing Express baséase na sonoridade desta época pero engadindo elementos sonoros propios do noso tempo; conseguindo unha mestura musical fresca e divertida.

PREZOS

2026-12-19 - 20:00:

  • Abonados: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €
  • Reducida: 12,60 €