CURIE, OU A SIMETRÍA DOS FENÓMENOS FÍSICOS

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

CURIE, OU A SIMETRÍA DOS FENÓMENOS FÍSICOS - DRAMA - BIOPIC POÉTICO - CASTELÁN

Un biopic teatral escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, asesorado polas biógrafas oficiais Belén Yuste e Sonnia Rivas, que percorre a vida de María Sklodowska-Curie nunha viaxe emocional desde a súa infancia nunha Polonia ocupada e marcada pola pobreza, pasando pola precariedade dos seus anos de formación en París, ata converterse na primeira persoa da historia (e única en dúas categorías científicas diferentes) en obter dous Premios Nobel.

Entre o rigor documental e unha linguaxe cargada de poesía, a narración establece unha metáfora entre o universo físico e o universo interior da protagonista: desde o Big Bang e a materia invisible ata as partículas máis pequenas, a vida de Curie aparece como unha forza en expansión. O amor por Pierre e a súa paixón absoluta pola ciencia preséntanse como dous eixes simétricos dunha mesma enerxía: a necesidade humana de comprender a realidade e de deixar luz onde antes só había escuridade.

PREZOS

2026-11-06 - 20:30:

  • Abonados: 6,65 €
  • Nenos e nenas menores de 14 anos: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Reducida:6,65 €

2026-11-07 - 20:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Nenos e nenas menores de 14 anos: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Reducida:6,65 €
FICHA ARTÍSTICA

Dramaturxia, adaptación e dirección: Santiago Cortegoso

Reparto :Elisardo de la Cruz e Vicky Sas