SUEÑO - TEATRO CLÁSICO - CASTELÁN
Unha compañía de artistas xúntanse no bosque para ensaiar unha obra, sen darse conta de que ese lugar está infestado de seres máxicos dispostos a xogar caprichosamente coas súas emocións. Ou é que os verdadeiros desexos maniféstanse libres lonxe das imposicións?
A partir de Sueño de una noche de verano, de William Shakespeare
Esta vez, catro interpretes serán os encargados de personificar a todos os personaxes da obra orixinal, nun verdadeiro bulebule teatral, infestado de ritmo, despregamento físico, poesía, música, humor e moito amor.
Espectáculo gañador do Certame Internacional Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro en 2024