MEMORIAS DUN NENO LABREGO - COMEDIA - GALEGO
Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. A súa voz sincera e sensible narra a vida cotiá nunha aldea galega dos anos corenta.
A escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito, describindo en gran medida o panorama común da España rural daqueles duros anos.
Nunha historia que se estrutura arredor dunha serie de recordos, que van dende a inxenua tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, recréanse as pasaxes máis representativas da novela de Neira Vilas: o maltrato escolar, a violencia doméstica, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión e a angustia de sentirse diferente. Pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, ou as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, pode ofrecer a vida.