O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Grupo de Baile Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón estará dirixido desde esta temporada polo prestixioso bailador e coreógrafo Quique Peón, un dos máis importantes investigadores e docentes do noso baile e a nosa música tradicionais.
A longa carreira profesional do novo director de Alxibeira está centrada na investigación etnográfica, realizando un extenso labor de recollida de campo e recuperando e restaurando centos de bailes, danzas, músicas, traxes, instrumentos e costumes. Gañou innumerables premios a nivel nacional e internacional e dirixiu desde 1982 o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina da Coruña.