TÁ - TEATRO XESTUAL - FAMILIAR E INFANTIL (A PARTIR DE 2 ANOS)
Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade (setembro de 2024) Ministerio Cultura.
En Catálogo do Circuito Danza a escena 2026.
Recomendado pola Rede Nacional, selo "R" pola Comisión de Teatro no Caderno 58 – Xaneiro 2025 - Teatro para Nenas e Nenos.
Recomendado no Catálogo 2024 de camiño Escena Norte (CEN).
tÁ é unha obra de danza-teatro onde o realismo máxico cobra vida nun bosque no cal se naturaliza o irreal ou estraño como algo común. Os seus dous personaxes; peculiares, divertidos e sensibles desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo convidarase as nenas e aos nenos para penetrarse no bosque dunha forma moi especial… Bailando.
É un espectáculo que utiliza o corpo e as onomatopeias co fin de poñer en valor non só o que se di, senón o que se transmite. As nosas palabras e movementos cheos de variacións, dinámicas, vibracións e matices, penétrannos a un mundo cheo de emocións.