CANTA, BUGUINA, CANTA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

CANTA, BUGUINA, CANTA - NARRACIÓN ORAL, TEATRO DE OBXECTOS E MÚSICA - FAMILIAR E INFANTIL (PRIMEIRA INFANCIA DE 0 A 6 ANOS) - GALEGO

Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.

Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e das palabras.

Canta, Buguina, canta! é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesía, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura

PREZOS

2026-03-29 - 18:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Nenos e nenas: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Marta Ortiz