BABILIGLUB - FAMILIAR E INFANTIL ( A PARTIR DE 1 ANO) - MONICREQUES - GALEGO
Teatro para os máis pequenos en 4 palabras
Sería posible contar unha historia con tan só 4 palabras? En Babiliglub, un espectáculo de luz negra, explórase esta posibilidade cunha trama que apenas precisa delas. O texto da historia é máis ben o movemento, a música e a plasticidade dos monicreques luminosos que flotan na escuridade.
Sinopse:
A tranquilidade do fondo do mar resulta interrompida por un peixiño e a seu peculiar xeito de falar, o noso protagonista só sabe dicir: Miau!
O "Miau!" provoca unha irada resposta da fauna mariña, un trio de peixes, un peixe multicor e un polbo, que só saben dicir: Non! Un "Non!" rotundo e rosmón porque nese universo submariño, o propio e "politicamente correcto" é dicir: Glub!
Que ten que ocorrer en Babiliglub para que se poida proferir o ansiado "Si!" que os espectadores agardan? Xa o verás...
Miau! Non! Glub! Si! Catro palabras. Un alegato pola tolerancia e a aceptación da diferenza.