FACENDO O INDIO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

TEATRO XESTUAL

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeneracións, desde a visión de:

 “TODO O QUE NON DEBERÍAS DE FACER, SE ERES UN INDIO AMERICANO….”

 

 Un repaso á cultura das  tribus de indios americanos, na que a nosa tribu dos “pesgrandes”,  intenta non extinguirse e loitar contra o seu  peor enemigo:  eles mesmos! .

Un espectáculo de rúa e interior, no cal, os nosos protagonistas, coa axuda do público, veránse realizando accións cotiás, da maneira máis inverosímil…,o que nos levará a loucas e divertidas situacións cheas de risos, accidentes e moi malas decisións.

Galitoon recupera con “Facendo o Indio”, a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta  divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público, e por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintos performances nas  propostas de teatro familiar.

PREZOS

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATA O 27 DE FEBREIRO DE 2019.

+INFO 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Jonatan García, Rubén Mira