COMEDIA
Atenas, dous irmáns, Hipólita e Leónidas, están namorados. Ela dun mozo chamado Tíndaro, él dunha rapaza chamada Ximnasia, que, con todo, é...flautista. Pero nin Tíndaro nin Ximnasia son as parellas que o pai de Hipólita e Leónidas, un avaro recalcitrante comerciante de viños, panos e liras, desexa para os seus fillos. Actualmente atópase en viaxe de negocios. E deixou a cargo da casa a súa irmá Cántara, a tía solteirona que lava máis de corenta anos esperando a Filemón, o seu amor de mocidade, que un día saíu a comprar figos e xa non volveu. Hipólita quere fuxir con Tíndaro, non antes sen conseguir o dote que o seu pai négase a pagar. Como conseguilo? Mentindo. Leónidas quere fuxir con Ximnasia porque un tal Degollus, xeneral macedonio, comprouna para o seu uso e goce, e pretende levarlla. Como conseguilo? Mentindo.