SERÁ POR FLORES

  • Música
DATOS BÁSICOS

SERÁ POR FLORES - CONCERTO DE UXÍA - GALEGO

Unha xira para celebrar 40 anos de música.

Considerada a gran dama da música galega, Uxía leva catro décadas construíndo pontes entre a tradición e a modernidade, cunha voz inconfundible e un estilo que transcende fronteiras. Neste concerto, a artista repasa os grandes fitos da súa carreira, interpretando temas icónicos e compartindo escenario con amigas e compañeiras de viaxe musical.

Coa palabra como eixo central e unha fonda vinculación coa lusofonía, Uxía revisará os seus traballos máis emblemáticos, desde "Enredadas" e "Mulleres a viva voz" ata as súas colaboracións con NARF ou Malvela. Tamén haberá espazo para o seu compromiso coa memoria histórica, a través de referencias a Novoneyra, Lorca, Rosalía de Castro e o seu traballo en Nunca Máis.

Nesta ocasión especial, estará arroupada por artistas e amigos que compartiron con ela músicas e percorrido, nun directo na que lembrará os momentos máis especiais dunha traxectoria chea de emoción, irmandade e unión coa terra. Diversidade de voces e sons para festexar a andaina desta cantante imprescindible. A posta en común con voces consolidadas e emerxentes reforza o carácter colectivo e coidado que define a súa obra, sempre cun forte compromiso político e social.

A xira promete unha chea de emocións, cunha posta en escena onde o público poderá gozar dunha proposta única, cargada de sensibilidade e celebración. Uxía quere agradecer ao seu público o apoio incondicional ao longo dos anos, e esta será unha ocasión perfecta para devolver todo ese agarimo cun espectáculo inesquecible.

PREZOS

2025-11-23 - 19:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Nenos e nenas: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €