DESCONEXIÓN

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL SINGULAR

O individuo 724/2013 FK3 cumpre a súa condena conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión, sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano. Ata que escoita unha voz sensual que o fai saís da súa gaiola e emprender unha viaxe cara o descoñecido. Por fin atopou unha vía para desconectar. No seu periplo vaise atopar en situacións novas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita o feito de ser un monifate sen personalidade definida.

Mediante a metáfora da dualidade do monifate do semáforo, en Desconexión tratamos temas inherentes ao ser humano: a rutina e as gañas de fuxir dela; a necesidade de formar parte de algo e a necesidade de individualidade; o afán de estar conectado e o afán de desconectarse... Sempre desenvolvidos desde o humor pero co fondo tráxico do sentimento de falta de liberdade para poder tomar decisións propias.

Unha comedia de monifates e humanos, de reixas e liberdade, de conectar e desconectar... Unha comedia verde e vermella. 

PREZOS

Prezos:

ABONADOS: 6.65€

PÚBLICO XERAL: 9.50€

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Xurxo Cortázar / Santiago Cortegoso

Dirección: Santiago Cortegoso

Deseño son: Dani Abalo

Deseño iluminación: Dani Abalo

Elenco artístico: Xurxo Cotázar