SMOKE ON THE WATER

DATOS BÁSICOS

SMOKE ON THE WATER

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. 

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón. 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
85 MIN
Prezos: 
9.50€ PÚBLICO XERAL- 6.65€ TARIFA REDUCIDA E ABONADOS
Información da billeteira: 

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO DE 2021

*A TARIFA REDUCIDA SE APLICARÁ UNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN (DESEMPREGADOS OU ESTUDANTES ATA OS 25 ANOS)

Funcións: 
Sábado, 12 de Febreiro de 2022 20:00