PRINCIPIANTES

DATOS BÁSICOS

PRINCIPIANTES A pregunta é precisa. Catro personaxes tentan respondela: Un cardiólogo que non sabe nada dos asuntos do corazón, unha muller namorada de quen lle rompeu o corazón e algúns ósos, un home todo ollos envolto nunha coraza e unha muller crisálida converténdose en algo descoñecido para ela. Medea, nas Metamorfoses de Ovidio, definiu ben o namoramento cando viu por primeira vez a Jasón; “Sentín coma se unha frecha se cravase no meu peito ata as plumas”. Dor, amor. Gozo, amor. Coma se dunha bebedeira se tratase, de feito, trátase dunha bebedeira, Nick e Laura falan, discuten, bícanse, peléxanse, escóitanse, entristécense, témense, atrévense, cabréanse, abrázanse, emborráchanse, desespéranse, pregúntanse que é o amor. E mírannos, reflíctennos, pregúntannos. E é imposible non verse reflectido.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 30MIN
Prezos: 
Público xneral 14€ / Tarifa reducida 8.40€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE

VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 14€

-Tarifa reducida: 9.80€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 9.80€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 12 de Xuño de 2021 20:00