CIRCO
La Fiesta Escénica regresa a Narón co seu show circense de gran formato “Galtük”, despois do grande éxito que acadou co espectáculo Circo de Nadal do ano pasado.
O nome de “Galtük” naceu da unión das palabras Galicia e Batukada, para designar o lugar onde naceron os soños da nosa compañía hai máis de 17 anos…
SINOPSE:
Unha nena valente e intrépida, que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que a axudarán a avanzar superando as adversidades.
O fío argumental deste espectáculo narra a historia desta nena que, no seu soño, desaparecen os seus xoguetes e sae en busca deles en compañía doutros xoguetes, que son personaxes de circo.
O amor ao circo fai que todos os seus xoguetes estean deseñados con elementos de circo.
Galtük é un espectáculo familiar, ideado para divertir e emocionar a públicos de todas as idades.