GALTÜK, UN SUEÑO DE NAVIDAD

DATOS BÁSICOS

CIRCO

La Fiesta Escénica regresa a Narón co seu show circense de gran formato “Galtük”, despois do grande éxito que acadou co espectáculo Circo de Nadal do ano pasado.

O nome de “Galtük” naceu da unión das palabras Galicia e Batukada, para designar o lugar onde naceron os soños da nosa compañía hai máis de 17 anos…

SINOPSE:

Unha nena valente e intrépida, que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que a axudarán a avanzar superando as adversidades.

O fío argumental deste espectáculo narra a historia desta nena que, no seu soño, desaparecen os seus xoguetes e sae en busca deles en compañía doutros xoguetes, que son personaxes de circo.

O amor ao circo fai que todos os seus xoguetes estean deseñados con elementos de circo.

Galtük é un espectáculo familiar, ideado para divertir e emocionar a públicos de todas as idades.

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
70 MIN
Prezos: 
Público xeral: 12,00 € Abonados-Desempregados-Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 € Nenos e Nenas menores de 14 anos: 7,00 €
Información da billeteira: 

2022-12-17 - 17:00:

  • ABONADOS: 8,40 €
  • NENOS E NENAS ( MENORES 14 ANOS): 7,00 €
  • PÚBLICO XERAL: 12,00 €
  • DESEMPREGADOS-CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS): 8,40 €

ESPECTÁCULO EN VENDA LIBRE DENDE O 29 DE XULLO

 

Funcións: 
Sábado, 17 de Decembro de 2022 17:00