DREAMING JULIET

DATOS BÁSICOS

DREAMING JULIET

DREAMING JULIET é a nova creación para o público adulto do Elefante Elegante. O espectáculo inspírase na peza "Romeo e Xulieta" de W.Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal por que os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final. "Dreaming Juliet" pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta caso non tivesen morrido. Que acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfrontar a rutina de todos os días?

Xénero: 
  • Teatro
  • Musical
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 15 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO INCLUSIVE

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIRES DO 29 DE DECEMBRO DE 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 6.65€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 16 de Xaneiro de 2021 20:00