XIIIº Concurso de Pintura "Cidade de Narón"

Martes, 26 de Outubro de 2021

O concurso conta cunha dotación de 3.000 € para o premio na categoría profesional e de 500 € na amadora.

O Padroado da Cultura do Concello de Narón presenta unha nova edición do Concurso de Pintura "Cidade de Narón". No presente ano, no que se cumple a XIIIª edición, o concurso conta dunha dotación de premios que acada os 3.000 € na categoría profesional e 500 € na categoría amadora.

As bases poden ser consultadas no documento adxunto no que se explica a metodoloxía de participanción neste concurso. Para calquera dúbida ou aclaración pódese contactar co Padroado da Cultura no correo electrónico d.canovas@naron.es ou no teléfono 626 378 685.