UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Venres, 6 de Novembro de 2020

DOMINGO 27 DE DECEMBRO ÁS 18H., no Pazo da Cultura de Narón, cun aforo máximo de 50 persoas, con motivo das novas medidas decretadas pola Xunta, encamiñadas a frear a propagación da Covid-19:

Uxía Lambona e a Banda Molona  - "Astronauta Sideral"

Xa somos familia numerosa!!!

Non nos chegaba o momento de presentar o pequerrecho da casa!

Un pouco soñador…pero coas mesmas ganas de cantar e bailar con todos vós...

..só agardamos que vós teñades esas mesmas ganas e que nos acompañedes nesta nova viaxe polo espazo chamada “Astrounauta Sideral”

“Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada”;ata O Jato “rockeiro”

…e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.

Todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!”

*Entradas á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura de Narón ou a través da nosa web.

+info 981 102 897

#ViveoPazodaCultura