O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura recibe unha subvención para manter o posto de persoal técnico en servizos de cultura.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), con numero 58 e data de publicación do 27 de marzo, publícase a concesión de definitiva de Subvencións a Concellos e Outras Entidades Locais para finaciar gastos de Persoal Técnico de Cultura para o ano 2026.
O Padroado da Cultura concorreu á convocatoria da Deputación Provincial FO206/2026, para o finaciamento do posto de Animador Sociocultural, recibindo unha subvención total de 9.650,00 €.