O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A subvención provincial financia gastos de persoal técnico
A Deputación da Coruña concedeu ao Padroado da Cultura a cantidade de 9.333,33 € por medio do programa de subvencións correspondentes ao programa FO206: convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.