O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O noso director técnico, Luciano Fernández, fixo entrega da "Loliña", o agasallo institucional do Festival, a Cristina Medina, Bea Campos e Pablo Sánchez
A pasada semana tiveron lugar no Pazo da Cultura tres novas actuacións do Festival internacional do monólogo teatral Singular. A artista Cristina Medina puxo en escena a comedia de humor absurdo "Lunátika" este pasado venres, día 8. Un día máis tarde, Bea Campos contounos historias de mulleres rurais, fortes e valerosas que "eran feministas sen sabelo" no seu espectáculo "Marcho que teño que marchar". Por último, o domingo chegou a sesión infantil do Festival con "O Arquivo do Chibo", interpretada por Pablo Sánchez (Os contos de Pablísimo).
As/os tres artistas foron recibidas polo director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, que lles fixo entrega dunha "Loliña", agasallo institucional do Festival.