O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A cita celebrouse no marco do VII Festival do monólogo teatral Singular
Como parte do programa da sétima edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, este pasado xoves o Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu unha rolda de negocios que puxo en contacto a programadores nacionais e internacionais membros da Red Eurolatinoamericana de Artes Escénicas (Redelae) cun total de once compañías de teatro galegas, as cales puideron presentar os seus proxectos de cara a poder participar en festivais que se celebrarán en Chile, Uruguai, Colombia, Costa Rica, República Dominicana e Portugal.
Ademais, celebrouse a mesa redonda sobre “Circulación Internacional de Espectáculos Teatrais”, presentada pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e moderada por Xosé Paulo Rodríguez. Participaron neste acto Gustavo Zidan (Uruguai), Octavio Arbeláiz (Colombia) e Zaida Sánchez (Costa Rica)