O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
As nenas e nenos de Narón poderán deixar as súas cartas para os Reis Magos e asistir a varios microespazos pensados para o seu desfrute
O Pazo da Cultura de Narón acollerá ao longo das vacacións de Nadal a Cidade dos Agasallos e o Correo Real. Os e as máis peques da casa poderán deixar alí as súas misivas para os Reis Magos calquera día da semana, sen necesidade de reserva previa, nos seguintes horarios: de 11:00 a 14:00 h (de luns a domingo) e de 16:30 a 21:00 h (de luns a venres).
Ademais, a Cidade dos Agasallos contará con varios microespazos para o público infantil, todos de balde, que combinan música, contacontos, maxia, teatro... A programación completa é a seguinte:
O programa de actividades rematará o mércores 5 de xaneiro cun gran recibimento aos Reis Magos. Para poder asistir, de balde, cómpre reservar praza con antelación, a partir do luns 27 de decembro, no teléfono 981102897.