O Concello suspende a partir de mañá diversas actividades programadas en colexios e instalacións municipais polo coronavirus

Xoves, 12 de Marzo de 2020

Narón, 12 de marzo de 2020. O Concello de Narón acolleu na xornada de hoxe unha nova reunión con responsables dos diferentes departamentos municipais nos que se acordou adoptar unha serie de medidas preventivas ante a expansión da pandemia provocada polo virus Covid-19 (coronavirus). A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, a través dun decreto de Alcaldía, informou sobre as medidas que se adoptarán no Concello e que se aplicarán dende mañá, venres 13, ata o vindeiro 29 de marzo. Este período, así como o contido das medidas, está suxeito a modificacións en función das posibles indicacións que se realicen en materia preventiva co fin de minimizar o impacto do coronavirus dende as autoridades sanitarias autonómicas ou estatais.

O Concello de Narón, tal e como se recolle no decreto, suspenderá a celebración de actividades escolares e extraescolares dependentes do Concello e tamén as actividades previstas nestas datas na Biblioteca municipal, nas Axencias de Lectura municipais da Gándara e A Solaina, na Ludoteca da Solaina, na Casa da Mocidade, nas Escolas Infantís Municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (agás o servizo do Centro de Día), no Centro de maiores das Vivendas da Mariña (agás o servizo de comedor), e nos Centros Cívicos Sociais municipais.

As medidas a adoptar inclúen tamén a suspensión da realización de todas as actividades de carácter formativo e presenciais que se estaban desenvolvendo no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e na Aula Cemit de Xuvia.

Na área de Deportes, suspenderanse dende mañá todas as actividades nas instalacións deportivas dependentes do Concello de Narón e, na de Cultura, todas as actividades e espectáculos públicos programados nas instalacións culturais dependentes do Concello de Narón (Pazo da Cultura, Auditorio municipal e Casa da Cultura).

 Así mesmo, tal e como se recolle no decreto asinado pola alcaldesa da cidade, a atención de servizos sociais (traballadora social) na zona rural levarase a cabo na Casa Consistorial