O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A partires do día 28 estarán á venda as localidades para o evento de Carlos Blanco e Xosé Touriñán, Unha Noite na praia , previsto para o sábado 4 de abril; evento fora de abono polo tanto á venda de todo o público dende o vindeiro 28 de xaneiro. En ocasións anteriores esgotaron entradas para varios pases.
E un segundo evento, programado para o venres 3 de abril ás 20.30h; Sés co seu novo traballo "Xira 2020, blues e sons latinoamericanos" . Neste caso con periodo de abonados dende o día 28 de xaneiro ao día 5 inclusive, para que merquen en exclusiva, e a partir do día 6 de febreiro estará á venda de todo o público.