O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Poñemos á venda dous novos eventos aptos para tódolos públicos. Son os seguintes:
Os golfiños e o xigante de Fantoches Baj o domingo día 19 de abril ás 18.00h.
Coldplay Kids, de Tertulia Produccións, o sábado 9 de maio ás 17.30h.
As entradas están xa dispoñibles na nosa web ou directamente no despacho de billetes do Pazo da Cultura de Narón.