Novo pase para o espectáculo “Recuérdame, tributo a Coco”

Mércores, 15 de Setembro de 2021

Tras esgotarse as entradas para a sesión das 12:00 h haberá unha segunda ás 17:00 h

O musical para todos os públicos (a partir de dous anos) “Recuérdame, tributo a Coco”, que terá lugar no Pazo da Cultura o 7 de novembro, está xerando unha grande expectación e as entradas para o primeiro pase (ás 12:00 h) xa están esgotadas, motivo polo cal estamos programando unha segunda sesión para as 17:00 do mesmo día. Baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos, está creado e representado pola prestixiosa Compañía de Teatro Musical de España, dirixida por Pedro Pomares (El Fantasma de la Ópera, Los Miserables, La Bella y la Bestia). Agora teremos unha nova oportunidade para gozar das míticas cancións da película, as súas coreografías e voces de excepción de todos os seus intérpretes, en rigoroso directo.

Podes adquirir a túa entrada desde https://bit.ly/ElMusicalDeCoco ou no despacho de billetes do Pazo da Cultura. Os prezos son de 16 € (xeral), 14 € (1º anfiteatro) e 12 € (2º anfiteatro). Trátase dun espectáculo fóra de abono.