O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Realizaron demostracións en diversos espazos públicos de Narón a semana pasada
As nosas Escolas celebraron ao longo da semana pasada as mostras de fin de curso en diferentes espazos públicos de Narón. Foron actuacións de acceso libre coas que dinamizamos a actividade cultural achegándoa aos diferentes barrios da cidade e demos a coñecer o traballo que realizamos nesta materia desde o Padroado da Cultura.
Alumnado das Escolas de construción de instrumentos, Acordeón, Baile tradicional, Gaita e percusión, O Recuncho dos Pequechos, Pandeireta, Zanfona e Bailes de Salón levaron a cabo as súas demostracións no exterior do Pazo da Cultura, no Paseo de Xuvia e nas prazas da Lectura, de Galicia, Álvaro Paradela, da Gándara e da Solaina.