O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Os eventos terán lugar os días 24, 25 e 26 de xuño
Narón acollerá os días 24, 25 e 26 de xuño o Campionato de España de Latinos organizado pola Federación Española de Baile Deportivo e o Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente da FEBD, Luis Vañó, asinaron esta mañá o acordo que permitirá desenvolver este destacado evento deportivo no Pazo da Cultura e no pavillón polideportivo municipal da Gándara. No acto estiveron tamén presentes o concelleiro de Deportes, José Oreona, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, Jesús Marcos. Así mesmo, terán lugar os campionatos estatais de danza coreográfica, de hip hop e de caribeños.
Pero Narón non só será o centro do baile deportivo estatal, senón que tamén acollerá unha proba Grand Slam, a competición máis importante a nivel mundial, que traerá á nosa cidade ás mellores parellas do mundo de standard e latinos, polo que será unha excelente oportunidade para desfrutar do seu traballo.