O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Conmemoraremos o Día das Letras Galegas na praza da Lectura o longo de toda a xornada
Mañá martes, 17 de maio, celebraremos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura de Florencio Delgado Gurriarán, cun amplo programa pensado para todos os públicos, se ben centrado sobre todo nos máis peques da casa. Terá lugar ao longo de toda a xornada na praza da Lectura, situada nas Vivendas da Mariña (Santa Icía). As actividades serán todas de balde e, en previsión de mal tempo, desenvolveranse baixo carpa:
Ademais destes actos programados, na zona haberá un espazo de lectura con publicacións en galego de autores e autoras homenaxeados no Día das Letras Galegas.