Exposición "OS CINES PERDIDOS DE NARÓN"

Venres, 22 de Xaneiro de 2021

O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 1 ao 24 de febreiro a exposición “Os cines perdidos de Narón”.

Esta mostra é froito dun intenso traballo realizado polo técnico en Museoloxía Benjamín Hermida e no que colaboraron máis de 150 persoas que a título particular cederon boa parte do material.

Os vellos cines de Narón foron os de Arizona (O Val); Castro (Castro); Capitol e Avenida (Sedes); Pedroso (Pedroso); Vista Alegre (Doso); Dancing, Urimare, Virgen del Mar e Colón (Santa Icía, A Gándara e Xuvia). Hermida avanzou que na exposición se poderán ver preto de medio milleiro de pezas expositivas e máis dun cento de soportes con diverso material. Fotografías, proxectores, carteleiras, revistas de cine, cadros, tacos de entradas, sistemas de son, carretes de películas, sillas, focos, butacas, discos… forman parte dese material que se poderá ver no Pazo da Cultura.