Estrea de Teatro dos Ghazafelhos no Pazo da Cultura de Narón

Mércores, 11 de Novembro de 2020

O DOMINGO 22 DE NOVEMBRO estamos de *estrea* no Pazo da Cultura de Narón, co Teatro dos Ghazafelhos e o seu "PINOCCHIO", unha adaptación do clásico de Carlo Collodi, que mistura títeres, teatro actoral e música en directo.

 

Pinocchio agocha un segredo no seu corazón de bidueiro, un segredo que quere compartir c@s nen@s. Cunha atractiva posta en escena, Teatro dos Ghazafelhos abre unha porta a unha emocionante aventura na que mostrarán ao público un camiño cheo de humor e sensibilidade.

A compañía conta para este espectáculo - adaptado por Pepablo Patinho - coa presenza no escenario do pianista Cristian Leggiero e a cantante Paty Lesta.

*Ás entradas xa están á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura ou a través da nosa web.

+info 981 102 897

#ViveoPazodaCultura

#Estrea #TeatroDosGhazafelhos 

#Pinocchio