O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Próxima apertura do prazo de matrícula!!
Desde o venres 1 de setembro e ata o sábado 23 do mesmo mes permanecerá aberto o prazo para formalizar as matrículas para as Escolas Culturais Municipais do curso 2023-24.
As inscricións poderán realizarse nas oficinas do Pazo da Cultura nos seguintes horarios:
Aquelas persoas que teñan tres matrículas ou máis poderán aprazar o seu pagamento facendo efectiva a parte debida entre o 1 e o 15 de decembro.
O prazo de devolución de matrículas será ata o día 31 de outubro de 2023, sempre en horario de 9:00 a 13:30 h.
Para máis información, podes chamar ao 981391144 ou escribir a mc.blanco@naron.es.